Un proxecto de Social Docs
De Maior Crea
Aprender e facer, “sendo felices”
![deputacioncoruña](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/11/deputacioncoruna.png)
![coruna](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/11/coruna.png)
![500px-Logotipo_del_Ministerio_de_Cultura_y_Deporte.svg](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/11/500px-Logotipo_del_Ministerio_de_Cultura_y_Deporte.svg_.png)
![GENERICO OBRADOIROS](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2022/11/GENERICO-OBRADOIROS-scaled.jpg)
De Maior Crea 2022 A Coruña
Información do evento
Obradoiros de Creación audiovisual e teatro.
Inscripcións e dúbidas
Reserva de plazas: info@socialdocs.es
Pon o teu nome e apelidos, teléfono e os obradoiros nos que te inscribes.
Descrición do Proxecto
De Maior Crea e un proxecto innovador que busca desenvolver a creatividade e fomentar a realización de contidos por parte de persoas maiores. Dun modo práctico, a través da aprendizaxe da linguaxe cinematográfica e a realización de talleres creativos. As persoas que participan nos talleres desenvolven contidos audiovisuais e musicais, sobre temas que eles mesmos propoñen.
O que che propoñemos
![Bienestar](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/10/Bienestar.png)
Actividades creativas e divertidas que contribúen ao teu benestar.
![social](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/10/social.png)
Crear grupos e equipos fomentando a participación social.
![cine](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/10/cine.png)
Adaptarnos ás túas necesidades e implicar a institucións e empresas no proxecto.
Obxectivos
Obxectivo 1
Crear ambientes de aprendizaxe, diversión, creación e traballo en equipo. Unha experiencia transformadora para os participantes.
Obxectivo 2
Desenvolver, producir e distribuír contidos dirixidos a persoas maiores, para fomentar a súa creatividade e promover un envellecemento saudable.
Obxectivo 3
Propiciar un cambio de paradigma. “ De facer cousas con maiores , a que os maiores sexan os auténticos protagonistas”.
Porqué agora?
O avellentamento da poboación nos países da nosa contorna é un feito. A sociedade debe dar resposta ás demandas deste colectivo atendendo á súa saúde e capacidade funcional, pero tamén ás necesidades de desenvolvemento persoal e participación
social.
O crecemento imparable da poboación de maiores, cada vez máis preparados e con maior calidade de vida, demanda ofertas educativas e de ocio novas, acordes coa nova realidade.
No ano 2020, en Europa, segundo as estimacións, a poboación maior de 65 anos suporá un 20,7%.
Faise necesario promover estilos de vida saudables, especialmente os relacionados coa alimentación e a actividade física, pero, tamén, a prevención do estrés psicosocial que incide na xeración de enfermidades. É fundamental atallar os problemas de depresión, falta de motivación e soidade que, en ocasións, sofre o colectivo de persoas maiores.
Fases do Proxecto
1. Formación
Obradoiros sobre técnica, linguaxe e historia audiovisual, creatividade e medios de comunicación novos (redes sociais, TIC…)
2. Producción de contidos
Fomentar a creación e difusión de contidos por parte de persoas maiores.
3. Mostras de Cine
Selección de películas con temática dirixida a maiores.
4. Festival de cine
Selección de películas con temática dirixida a maiores.
Documental “De maior Crea”
Galería de imaxes
De Maior Creativ@ – A Coruña – Club do Mar San Amaro
Testemuños
Asistentes das convocatorias de Club San Amaro e Centro Cívico Castrillón
![demaiorcrea-logo-gal](https://demaiorcrea.es/wp-content/uploads/2020/10/demaiorcrea-logo-gal.png)
“De Maior Crea” é un proxecto innovador que busca desenvolver a creatividade e fomentar a realización de contidos por parte de persoas maiores…
Contacta con nós
Envíanos un mail
info@socialdocs.es
Síguenos en Instagram
@socialdocs_prod