III Mostra de Cinema Experiencia

Decembro 2020.

Presentación do proxecto Chanfaina Lab

Experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio rural a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as.

 

Curtametraxes

 

Cando Ruxe o Formigueiro

Igrexafeita, 2017
4ª Chanfaina’Lab (15). Estrea venres, 18 de maio do 2018
Director: Abel Vega.

Sinopse: “Retrato da vida salvaxe nun formigueiro de Igrexafeita”.
Duración: 10’32”

Gravada nos días 2 e 3 de setembro do 2017 na parroquia de Igrexafeita dentro do programa da 4º Chanfaina’ Lab.

Non teño dono

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (4). Estrea: venres 8 de marzo do 2019.
Dirección:”The sungirls” (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo)
Música orixinal: Carlos Berlanga e Nacho Canut.
Montaxe de son: Iago Fernández Alonso

Sinopse:”Tres, catro, cincuenta, cen mulleres cantando a unha NON TEÑO DONO. Simbolizando o empoderamento das mulleres en xeral, que somos libres, fortes e que non necesitamos a ninguén que mande en nós”.
Duración: 4′ 28″

Gravada en varias parroquias de San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab

Trae (Fran Bermudez, 2019)

A Lobeira (Santa Mariña do Monte), 2019

6ª Chanfaina’Lab (3). Estrea venres, 6 de marzo do 2020Dirección, guión, cámara, montaxe e son: Fran BermúdezEquipo de traballo (con Lina): Ana B. Gundín, Ángela Arnosa, Eloy Arnosa, Kevin Lorenzo, Carla Lago, Rubén Lago e Cesar Galdo .Música:Ivan Fernández Coba, Bensound e Librería de Audio de YouTube. Actores: Lina, Carlos Cobelo e Daniel Fernández.

Sinopse: “Lina ten tal obsesión coa súa pelota de plástico que é quen de chegar ata o máis alto e lonxe da Lobeira”.

Duración: 6′ 13”

Filmada nas sete parroquias de San Sadurniño durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.

Boniatos no pais do sol poñente (mulleres de “Teño unha horta, 2018)

“Boniatos no país do sol poniente”
Ferreira, Lamas, Naraío e Igrexafeita, 2017

4ª Chanfaina Lab (19). Estrea: venres 15 de xuño do 2018.
Idea e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón e Lucita Pita
Cámara e edición: Carmen Suárez.
Música: Hikaru Hayashi da película “A illa núa”

Sinopse:”Os traballos de cinco labregas galegas que aman aos seus boniatos.Inspirada por Oliver Laxe e Kaneto Shindo”
Duración: 6′ 12”

Gravada nas hortas das parroquias de Ferreira, Lamas, Naraío e Igrexafeita , dentro do programa da 4ª Chanfainalab.

Materia prima (Natalia Porca 2015)

Pena da Meda, Igrexafeita, 2015

2ª Chanfaina’Lab (16). Estrea venres, 17 de xuño do 201

Directora: Natalia Porca

Sinopse: “Unha visita convértese no percorrido por tres casas diferentes: presente, pasado e futuro. Unha casa habitada, unha abandonada e outra coa que se soña. As tres atópanse na memoria dunha nena que volta a elas anos máis tarde, facendo que os seus recordos se contrapoñan coa realidade, co que agora é e co que viviu ou non alí”.

Duración: 3’ 46’’

Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Pena da Meda (Igrexafeita) dentro do programa da Chanfainalab. Seleccionada no Festival S8 (Coruña 2016) e no Olloboi (Boiro 2016).

Dereito a sermos vellas (Irene Beceiro 2018)

Santa Mariña do Monte, 2018

5ª Chanfaina Lab (11). Estrea venres 26 de abril do 2019.
Dirección e guión: Irene Beceiro
Montaxe: Mirian Iglesias Sánchez.
Protagonistas: Celia Sande Beceiro, Aldara Sande Beceiro, Elena Beceiro Calvo, Laura Beceiro Sequeiro, Sonia Cova Rodriguez, Mayra Cova Rodríguez, Marta Beceiro Romero, María del Mar Fernández Vilela, Ángeles García Santalla, María Elena López Taboada, Marina Vilela Fernández, Marina Cibreiro Rodríguez, María Sara “Maruja”Pita Muiño, e Balbina Cibreiro López.

Sinopse:”Sucesión de momentos cotiás, protagonizados por mulleres da parroquia de Santa Mariña do Monte e ordenados segundo a súa idade. Comezando por Celia, a máis pequena da parroquia por aquelas datas, e rematando por Balbina, a máis lonxeva con 99 anos”.
Duración: 4′ 30”

Gravada en Santa Mariña do Monte do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.

A bizcochada (Carlos Quirós, 2015)

Naraío, 2015

2ª Chanfaina’Lab (12). Estrea venres, 6 de maio do 2016
Director: Carlos A. Quirós
Actriz: Vicenta Rego Bouza (Vicenta do Castelo)
Posprodución e montaxe: Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós:
Posprodución de Son: Gabriel Prada

Sinopse: “Tras sufrir un roubo na súa casa, Vicenta do Castelo botou en falta un colar e uns poucos cartos que deixara quedar nela. Ao revisaren a mesa da cociña descubriu que os asaltadores levaran algunha outra cousa inesperada.”.
Duración: 11′ 30″

Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Naraío dentro do programa da Chanfainalab. A peza andivo de rolda por varios festivais e mostras.

Cruz Piñón (Xisela Franco 2014)

Naraío, 2015

Piñeiros, Ferreira, 2015
Chanfaina’Lab (10) Estrea sábado, 28 de marzo do 2015
Título: Cruz Piñón
Director: Xisela Franco
Axte dirección e son directo: Ánxela Caramés
Duración: 13′ 17″

Sinopse: “Dítico visual con pantalla partida na que asistimos ás dúas facetas da vida de Cruz Piñón: a do día a día da muller do rural e a da muller con ganas de aprender e de non deixar escapar o mellor dun mundo novo”

Gravado en Piñeiros (Ferreira) os días 6 e 7 de setembro de 2014 dentro do programa da Chanfaina’ Lab. Seleccionada no Festival Primavera do Cine de Vigo (2015). Premio Mellor Guión Galego Festival Curtocircuito 2015.

Matías (Sandra Sanchez 2015)

A Vella Morta, Santa Mariña do Monte, 2015

2ª Chanfaina’Lab (3). Estrea venres, 4 de marzo do 2016
Directora: Sandra Sánchez
Participantes: Matías Bescós Antón e Pancho Bescós Palacios

Sinopse: “Matías ten oito anos, e vive nunha casa illada rodeada de bosques. Alí, o neno creou o seu pequeno e secreto universo”.
Duración: 10’ 29’’

Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 no lugar de A Vella Morta, parroquia de Monte, dentro do programa da Chanfaina’ Lab.
A peza viaxou por varias localidades de Galicia e foi seleccionada en Zinebi (Bilbao), Three Wolves Film Festival (Eslovenia), finalista en el II Certamen de Cine Lento (Guadalajara), Cinema Crianza (Ames, A Coruña), Shortcup World Film Festival (Brasil), Cine en mi Barrio (Colombia).

Homes (Diana Toucedo 2015)

Ferreira, Naraío e Bardaos, 2015

2ª Chanfaina’Lab (7). Estrea venres, 1 de abril do 2016
Directora: Diana Toucedo.
Dirección de fotografía e cámara: Iván Castiñeiras
Deseño de son e mesturas: Oriol Gallart
Colorista: Lara Vilanova.
Coa participación de: Matilde Piñón (Naraío); Marisa Durán e Cruz Piñón (Ferreira); Otilia Vigo e Marina (Bardaos)

Sinopse: “Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero… en qué momento da nosa vida perde un a súa propia?. Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai… manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas”.
Duración: 10’20”

Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Ferreira, Naraío e Bardaos dentro do programa da Chanfaina’ Lab.
Esta curta foi seleccionada en numeroso festivais de todo o mundo.

O Salvaxe leva o seu tempo

A Esperanza, Santa Mariña do Monte, 2016

3ª Chanfaina Lab (7). Estrea venres 31 de marzo do 2017.
Directora: Beatriz del Monte
Reparto: Irene Beceiro, Amparo Calvo, Manolita González e Balbina Cibreiro.

Sinopse: “Nais e fillas. Catro xeracións dunha mesma familia. Toman café, charlan e rin, pero tralas risas agochan silencios gardados durante anos, porque aínda lles queda moito por se dicir…”
Duración: 11′ 38”

Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 na parroquia de Santa Mariña do Monte dentro do programa da 3ª Chanfainalab.

Casa Torina (Ana Moreiras 2019)

Outeiro, 2019
6ª Chanfaina Lab (27). Estrea: venres 10 de abril do 2020Guión, dirección e montaxe: Ana Moreiras e Susana DizActores: Martín Sanjurjo, José Luís Fernández (Joselito) e Iván SanjurjoColaboracións: Luís Avilés, María Yáñez, Pedro R. Folgado e Carmen SuárezBanda sonora: Martín Sanjurjo

Sinopse:”Martín rexenta un pequeno ultramarinos-bar dos de toda a vida, a “Casa Torina”. Nunha Galicia baleirada onde a xente que queda se comunica case integramente a través das redes sociais, a música e a visita de clientes como Arturo son os únicos divertimentos que Martín ten no seu día a día.”Duración: 8´.33″

Gravada en Outeiro durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.

Pois iso, que te quero

Bardaos e Forgoselo, 2017

4ª Chanfaina Lab (14). Estrea venres 11 de maio do 2018.
Director: Óliver Laxe
Colaboración: Nadia Acimi

Sinopse :”Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este nos atrae e estimula: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe… Esta película é un retrato de seres indomables. “
Duración: 26′ 44”

Gravada nos días 2 e 3 de setembro do 2017 nas instalacións de “Andadura Hermanos Casanova” (Bardaos) e o Forgoselo (Naraío), dentro do programa da 4ª Chanfainalab.

Documental “De Maior Crea”

Resumen da actividade

Selección de películas “De Mayor Crea” en FILMIN. Personalidades destacadas na realización de actividades creativas e envellecemento activo. Sesións de STREAMING

Presentación proxecto “De Maior Crea” no CSIC

Obradoiro de Creación Audiovisual “De Maior Crea” Bo Día

OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO- 2020

En tempos nos que é máis difícil atoparse e verse cara á a cara, lanzamos este proxecto para conectar e dedicar un“ bo día agarimoso e optimista”.

Bo Día, por Uxía V

! Pinta de colores tu vida…

Mi Héroe “Pepesito Reyes”

Lunes, Buenos días, por Denebola

Martes, Buenos días, Por Denebola

Miercoles, Buenos días, por Denebola

Jueves, Buenos días por Denebola

Viernes, Buenos días, por Denebola

Asómate, Buenos Días, Por Tana Y Xosé M. Casabella

Novo, Felicidad, por Lolo

One day more – Buenos días

Buenos días por Juan José

Buenos días para toda la semana, por colectivo

Obradoiro OnLine de iniciación ao Cinema con Teléfonos Intelixentes.

OUTUBRO, NOVEMBRO e DECEMBRO. 

Curtametraxes realizados

“De Maior Crea” é un proxecto innovador que busca desenvolver a creatividade e fomentar a realización de contidos por parte de persoas maiores…

Contacta con nós

Envíanos un mail

info@socialdocs.es

Síguenos en Instagram

@socialdocs_prod